Viaxes ó Parque Nacional dende A Pobra do Caramiñal

23 de xuño a illa de Ons, 30 de xuño ás illas Cíes e 7 de xullo á illa de Sálvora
Barbanza-Arousa » A Pobra do Caramiñal
01 Xuño a 07 Xullo

Este verán poderá viaxar en catamarán ás illas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dende A Pobra do Caramiñal!

Planee xa as vacacións, non quede sen praza! Pode reservar a través da páxina web: www.piratasdenabia.com ou chamando por teléfono ó 986 320 048, en horario de 9:00 a 20:00 h.

Teña en conta que é importante reserva-lo o antes posible e que a empresa navieira só devolverá o importe íntegro do billete cando a propia empresa anule a viaxe por prognóstico meteorolóxico adverso ou por falta dun grupo mínimo de persoas.

Máis información na páxina web www.apobra.gal ou ben chamando ó 671 090 262 ou ó 687 482 835.

Promove a Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal.

Galego