Observación astronómica dende a Arca da Piosa con Jorge Mira

Dentro da programación da Semana Cultural organizada polo Concello de Zas non podía faltar unha observación astronómica dende o dolmen da Arca da Piosa con Jorge Mira.
A observación terá lugar o mércores 31 de xullo. A saída será ás 22:00 horas en autobús dende o Centro Sociocultural de Zas para desprazarnos ata a igrexa de Roma. Dende alí realizaremos unha pequena andaina, duns dous quilómetros, para chegar ata o dolmen da Arca da Piosa.
Para participar no roteiro é necesario anotarse previamente a través do número de teléfono 981 751 398. A inscrición é de balde.
Un pouco antes (ás 21:15 horas) terá lugar no Centro Sociocultural de Zas a presentación do libro “Stephen Hawking. Unha breve historia do tempo" traducido por Jorge Mira.
Aconséllase levar calzado axeitado, roupa de abrigo e lanterna.