Nesta actividade propoñemos un achegamento ao mundo naval a través da visita a instalacións da Armada de fai 250 anos. O Arsenal composto por antigos edificios, danos a oportunidade de contemplar os canóns do século XVIII, e ademais a visita a unha Fragata F-100, en función da dispoñibilidade e pendente de permiso da Armada, as máis modernas da Armada Española.
Historia e última tecnoloxía danse a man para dar a coñecer a vinculación de Ferrol co mar e as persoas que traballan nel. Sempre explicado dunha forma amena e adaptada ao nivel dos nenos e das nenas que acudan á visita.
Datas: Baixo petición
Horario: Baixo petición
Duración: Dúas horas aproximadamente
Guía: Si
Prezo: 2,50€ por escolar
Nº de prazas: Sobre 50 escolares
CONTACTO DIRECTO CON FERTUR
Teléfono: 696531070
Correo electrónico: ferturguias@yahoo.es