Axúdanos a buscar o tesouro do castelo! O corsario Drake din que roubou o diñeiro para pagar aos soldados do castelo e o agochou nalgunha parte para vover por el outro día. Seguro que se seguimos as pistas que nos deixou un espía por todo o castelo poderemos, coa axuda dos antigos soldados que nos van guiando, atopar ao final o tesouro.
E como bos e boas soldados todos e todas seremos recompensados e recompensadas e aprenderemos a saudar e desfilar como o facían fai 200 anos.
Esta actividade está especialmente indicada para o alumnado de infantil e primaria.
Datas: Baixo petición
Horario: Baixo petición
Duración: Entre unha hora e hora e media aproximadamente
Guía: Si
Prezo: 4€ por escolar
Nº de prazas: Sobre 50 escolares
CONTACTO DIRECTO CON FERTUR
Teléfono: 696531070
Correo electrónico: ferturguias@yahoo.es