Para coñecer a fondo o noso patrimonio naval, visitaremos os museos desta temática da man dunha guía experta e amena. O Museo da Construción Naval permite coñecer o mundo dos estaleiros, vinculado á cidade de Ferrol desde o Século XVIII e polo tanto vital para o desenvolvemento socioeconómico da zona.
Aquí aprenderemos nun museo moderno e moi interactivo como se facían os barcos no pasado pero tamén no presente, todo isto dunha forma divertida que os nenos gozarán a fondo. Tamén existe a posibilidade de gozar de dous talleres: para os máis pequenos a gymkhana pirata e, para maiores, o taller de nós.
Nesta actividade porase especial énfase no patrimonio naval, coñecendo o mundo dos estaleiros combinando pasado e presente dun modo divertido.
Datas: De luns a venres
Horario: De 10:30 a 20:00 horas
Duración: Unha hora
Guía: Si
Prezo: De balde
Nº de prazas: Entre 25 e 50 escolares