Ferrolterra e Eume » Narón
Área recreativa, con zona de acampada, lugar para merendar, aparcamento e, evidentemente, muíño en funcionamento.
Lugar de innegable encanto, apropiado para pasar un día confortable e agradable, coñecendo o medio nun contexto natural.
Adoitan ofrecerse convivencias temáticas ou multiaventura. Ideal para excursións de fin de curso e campamentos de duración variable.
Datas: Calquera, previo aviso
Horario: 9:00-18:00/19:00
Duración: Depende das actividades, podería ser de mañá, tarde, todo o día ou incluso máis dun día (podendo quedar a durmir)
Guía: Si
Prezo: 5€ ou 10 €, dependendo das actividades
Nº de prazas: Ata 120 escolares