Andaina “Terras altas de Cabanas”

O Club Montaña de Ferrol e o Concello de Cabanas, organizan este domingo 27 de setembro a andaina “Terras altas de Cabanas”, un percorrido de 22 quilómetros a través das parroquias de Regoela, Soaserra e Salto.
O roteiro combina paisaxe con historia, e no seu percorrido permite achegarse a castros, mámoas, muíños, fontes, pedrafitas e igrexas, así como gozar das vistas que se poden ollar desde diversos puntos do camiño. Ademais, tamén permite achegarse a algúns dos lugares empregados polos fuxidos durante a Guerra Civil e posterior ditadura franquista.
Hoxe día 23 de setembro termina o prazo para apuntarse. As persoas interesadas deberán chamar ao 660 222 178. A hora de saída está prevista para as 10h, con chegada ao punto de orixe ás 16h.