SAMAÍN 2020

Xa están aquí!
Tradición e vangarda! As cativas e os cativos, as que non deixaron de selo e os que se negan a elo, temos toda unha semana por diante para cumprir cos requisitos permitidos na nosa gran cita anual cos obradoiros de Garabato de Xogos, porque esta nova normalidade tampouco conseguirá prohibirnos a nosa ancestral celebración e TODAS as criaturas deste mundo e do outro festexaremos esta gran noite de SAMAÍN.
E como en toda gran festa que se prece o primeiro é a comida: MÁSTER CHEF DO MEDO, o obradoiro gastronómico que pon verde de envexa a calquera. Tomade nota, o luns 26 de outubro cociñamos as nosas receitas máis feiticeiras!
Co MESTRADO DA COSTURA do martes 27 crearemos tendencia convertindo a Touro na envexa das pasarelas máxicas e coa FEIRA DOS COMPLEMENTOS do mércores seremos as top das influencers.
As mellores ideas e os trucos de decoración serán revelados o venres nas TOURO TENDENCIAS DE SAMAÍN.
O serán do 31 de outubro, na Casa da Cultura de Touro, gozaremos da música con Brinca Vai e o noso leitmotiv particular para este 2020: MEIGAS FÓRA
A mellor oportunidade de amosar os teus feiticeiros encantos no photocall social-media 2020. Seredes a envexa de todas as criaturas. As top das influencers! @TouroTurismo @concellodetouro
Ditos obradoiros terán lugar na Casa da Cultura e a celebración dos mesmos adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19 e o uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ás mesmas, así como a INSCRICIÓN para cada unha das actividades
Debido ás medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.
INSCRICIÓNS ata o xovex 22 de outubro: turismo@concellodetouro.gal ou cultura@concellodetouro.gal e no teléfono 981 81 45 66