Ferrolterra e Eume » Ortigueira
Visita ás minas de Pasek España (dunita) e a Monte Viso, en Bares, onde podemos atopar ollo de sapo, granodiorita, granito..
Atopámonos nun dos destinos de turismo xeolóxico máis importante do continente europeo. Esta actividade é unha oportunidade única para traballar co alumnado todas as materias relacionadas coa xeoloxía.
Datas: Baixo petición. De luns a sábado
Horario: Baixo petición
Duración: 1 ruta para 1 día
Guía: Si
Prezo:
- Entre 40 e 50 escolares: 4 € / escolar.
- Entre 30 e 40 escolares: 5 € / escolar.
- Entre 20 e 30 escolares: 6 € / escolar.
- Entre 10 e 20 escolares: 7 € / escolar.
- Entre 5 e 10 escolares: 15 € / escolar.
- Menos de 5 escolares: 30 € / escolar.
Nº de prazas: Sobre 50 escolares