Exposición fotográfica de Abeancos.gal

A exposición fotográfica de Abeancos.gal chega ao Concello de Santiso.
Terras de Santiago » Santiso
27 Setembro a 26 Novembro

Dende o luns 27/09/21 pódese visitar na Oficina de Turismo (Antigo Concello) a escolma de fotos que compoñen a exposición sobre o catálogo dixital de abeancos.gal.

A escolma fotográfica responde a un pequeno avance do que se pode ver na páxina web, catálogo ou mesmo poderíase dicir enciclopedia do patrimonio comarcal.

O horario de visitas será de luns a venres en horario de 9h a 14h.

Galego