Festa da Uña de San Lázaro

A Festa da Uña de San Lázaro é unha das festas relixiosas e gastronómicas máis tradicionais deste barrio compostelán.
Marzo
Semana Santa. 5º domingo de Coresma ou Domingo de San Lázaro
Terras de Santiago » Santiago de Compostela
Festas gastronómicas
San Lázaro, Santiago de Compostela
Produto: 
Uña de Porco

Coincidindo co Quinto Domingo de Coresma, tamén chamado 'Domingo de Lázaro' ou 'Domingo de Paixón', que dá paso á Semana Santa co Domingo de Ramos, o compostelán barrio de San Lázaro celebra durante catro xornadas unha das súas festas relixiosas e gastronómicas máis tradicionais, a Festa da Uña.

Nesta celebración popular a imaxe de San Lázaro procesiona dende a capela ata o campo da festa, onde se celebra unha misa cantada ao aire libre, antes de que a imaxe do santo volva á igrexa.

A festa inclúe cada ano diversos oficios relixiosos en honor a San Lázaro e a tradicional romaría na que se celebra a gran poxa de pezuños e outras pezas de porco ofrecidas ao santo.

Consulta aquí o programa  de 2017.