Festa do Percebe

Cada ano o Concello e a Confraría de Pescadores de Cedeira colaboran na organización dun programa que se converte nunha das principais referencias gastronómicas do verán.
Xullo
Fin de semana de finais de xullo ou principios de agosto
Ferrolterra e Eume » Cedeira
Festas gastronómicas
Cedeira
Produto: 
Percebe
Ano primeira edición: 
1996

O percebe, ademais de ser considerado por algúns como o rei do marisco, é o produto que ten como referencia a vila de Cedeira, unha condición que deu lugar, hai máis dunha década, á principal festa gastronómica da localidade.

Xunto ás racións de percebes, tamén se servirán racións de polbo e empanada, nunha carpa situada no porto pesqueiro.

Inchables acuáticos na praia da Area Longa, música e xornadas informativas sobre o traballo de captura dos percebes no Museo Mares de Cedeira, son outros dos contidos dun programa que terá como anticipo a tradicional xornada de pesca infantil no porto pesqueiro. 

Cada ano o Concello e a Confraría de Pescadores de Cedeira colaboran na organización dun programa que se converte nunha das principais referencias gastronómicas do verán.