A Festa do Polbo de Mugardos foi declarada Festa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia
Xullo
2º sábado
Ferrolterra e Eume » Mugardos
Festas gastronómicas
Mugardos
A Festa do Polbo de Mugardos foi declarada Festa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia. A partir dese momento sempre se celebra o segundo sábado do mes de Xullo.
A festa do produto máis típico de Mugardos celébrase no Parque da Constitución durante todo o día, no que a xente pode degustar o Polbo á Mugardesa, ademais de divertirse coas charangas.
As rúas de Mugardos convértense en ríos de persoas atraídos polo Polbo á Mugardesa. Esta vila recibe anualmente milleiros de turistas atraídos pola súa beleza e gastronomía.