As Mariñas » Cambre
No Museo do Xacemento Romano os escolares terán acceso a moito máis que ver un conxunto de restos conservados. E é que mediante un paso do particular ao xeral, esta visita permite aprender sobre a realidade socioeconómica que prevalecía durante a época do Imperio Romano.
Ademais, por outra banda, existe a posibilidade de complementar a experiencia mediante a visita á Igrexa de Santa María de Cambre, declarado Ben de Interese Cultural.
Datas: Martes a venres. Os sábados e domingos de 11:00 a 14:00h.
Horario: De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
Duración: 40 minutos se é só ao museo. Hora e media se trata do museo máis a igrexa
Guía: Si
Prezo: De balde
Nº de prazas: Sobre 50 escolares