Arquivo da pesca de Caión

Costa da Morte » A Laracha

Neste museo do Arquivo da Pesca poderás coñecer a historia da vila mariñeira de Caión a través da actividade pesqueira. Por medio de documentos, obxectos, fotografías e paneis o visitante fará un percorrido por diferentes épocas, desde os antigos baleeiros ata a época dourada da pesca no século XX.

A mostra atópase nun edificio singular, literalmente integrado no mar, que alberga o arquivo histórico, a exposición permanente e un espazo para actividades, ademais da propia sede da Confraría de Pescadores.

Datas: Baixo petición

Horario: Baixo petición

Duración: Unha hora aproximadamente

Guía: Si

Prezo: De balde

Nº de prazas: De 25 a 50 escolares