Ruta literaria pondaliana Val Nativo

Costa da Morte » Ponteceso

Paseo literario duns 3,5 quilómetros de dificultade baixa, para o cal hai acceso de autobús. Transcorre polos lugares que inspiraron ao poeta Eduardo Pondal, autor da letra do himno galego e, tamén, voz da paisaxe de Bergantiños.

Esta ruta comeza diante da súa casa natal, á beira do río Anllóns, e durante o percorrido camíñase ata o lugar do Couto e ata a Igrexa do Couto, lugar onde Pondal se bautizou, e a Fundación Eduardo Pondal, onde se poden ler poemas de Pondal a carón dunha lareira ou no salón de actos. Despois de ver a fervenza da princesa moura encantada, chegaremos ata o alto de Monte Branco, no que se goza dunha vista panorámica espectacular. A ruta está sinalizada con monólitos de pedra nos que está esculpida a figura de Eduardo Pondal, os cales nos levan ata o alto do Monte Branco.

Datas: De luns a venres, con dispoñibilidade os fins de semana, con solicitude previa

Horario: Mañá e tarde

Duración: 4 horas aproximadamente

Guía: Si

Prezo: De balde

Nº de prazas: 55 escolares