Ría de Muros e Noia » Lousame
Camiño doado de andar, co que se percorren en torno a 12 quilómetros, avistando moitos dos compoñentes das minas de San Finx, das que se extraeron grandes cantidades de estaño e wolframio, material este último que lles concedeu un papel significativo na historia da Segunda Guerra Mundial.
Visítase tamén a antiga escola, agora centro de interpretación e museo, fundamental para comprender a historia das minas de San Finx.
As vistas son destacables, podendo ver puntos de relevancia como a serra da Barbanza, o Monte Pindo, a illa de Sálvora, a ría de Arousa e a de Muros e Noia.
Datas: Baixo petición, en calquera momento
Horario: De mañá
Duración: 4 horas aproximadamente
Guía: Si
Prezo: Gratis
Nº de prazas: 50 escolares