Esta feira celébrase a segunda fin de semana de outubro no Recinto Feiral do Trece de Narón
Outubro
2ª fin de semana
Ferrolterra e Eume » Narón
Festas gastronómicas
Sedes
Conservas, chocolates, embutidos, sidra ou aloe vera, son só unha mostra dos produtos ecolóxicos que nos imos a atopar na XIV Feira do Mel e Produtos Ecolóxicos que se celebra no mes de outubro no recinto feiral do Trece, na parroquia naronesa de Sedes.
Son numerosos os apicultores que participan na feira, que contará tamén con varios produtores ecolóxicos da comarca ofrecendo os seus produtos.
Hai degustacións de mel con pan, talleres de elaboración de velas con cera e procesado de mel, ademais dun sorteo de cestas con produtos ecolóxicos.