Xornadas Gastronómicas Padrón Sabor a Lamprea

As Xornadas Gastronómicas 'Padrón Sabor a Lamprea' enchen esta vila de numorosas actividades durante o mes de marzo
Febreiro
2 semanas mediados febreiro ou principios de marzo
Terras de Santiago » Padrón
Festas gastronómicas
Padrón
Ano primeira edición: 
2015

As Xornadas Gastronómicas 'Padrón sabor a lamprea' enchen as fins de semana de marzo a Padrón cunha ampla variedade de actividades ao redor deste prezado produto. 

Estas xornadas gardan unha ampla programación que se estende ao longo de todo o mes de marzo na vila de Padrón. A variedade de propostas culinarias, divulgativas, culturais e de lecer fan destes encontros unha proposta moi atractiva e interesante para públicos de todas as idades.

Conferencias, rutas de sendeirismo, actividades de divulgación sobre a captura da lamprea e degustación de variados menús nos distintos restaurantes da vila son algunhas das actividades das que poderemos gozar con este evento.