LOCALIZACIÓN

A Ría de Arousa é a maior das rías de toda Galicia, coa península do Barbanza, ao norte, e a do Salnés, ao sur, bordeándoa. Os municipios da súa parte norte conforman este xeodestino no que respecta á provincia da Coruña: Boiro, Dodro, A Pobra, Rianxo e Ribeira.

 

PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL

Praias: a condición natural de moitas das súas praias é un dos motivos que sitúan á Ría de Arousa como un referente de fermosura, que se ve complementado pola beleza dos seus portos.

Espazos naturais: en Ribeira as dunas de Corrubedo, xunto coas lagoas de Carregal e Vixán, conforman un parque natural dun altísimo valor ecolóxico cuxa importancia traspasa fronteiras, non deixando indiferente a ninguén. Algo semellante ocorre cun dos indiscutibles símbolos da ría: a Illa de Sálvora, cuxa beleza a fixo merecedora de presenza nunha canción popular galega. Da Pobra do Caramiñal podemos destacar as piscinas naturais do río Pedras ou o Miradoiro da Curota, coas súas impresionantes vistas. No caso de Boiro o mesmo ocorre coa fervenza de Cadarnoxo, especialmente vistosa nas estacións máis húmidas. Precioso é en Rianxo o estuario do río Ulla, coa súa particular contorna e a súa variedade de fauna e flora. E Dodro, como lugar ideal para observar o curso baixo do Ulla, permite gozar da paisaxe mediante rutas de sendeirismo ou relaxarse con xornadas de turismo rural en antigos pazos.

Patrimonio: destaca o Museo Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal e en Dodro o pazo da Ermida, lugar onde viviu a escritora Rosalía de Castro. Nesa última localidade cobra especial relevancia a figura dos hórreos. Tamén destacan outros elementos como mámoas e petróglifos. Neste sentido, en Ribeira, merece unha visita o dolmen de Axeitos, datado no terceiro milenio antes de Cristo. 

Arquitectura relixiosa: na localidade de Dodro, destacan múltiples cruceiros, (cruz do Abelán ou o de Bustelo), Igrexas parroquiais e demais mostras de arquitectura relixiosa. Se falamos de Rianxo, é imposible non facelo da capela da Virxe de Guadalupe, patroa do lugar, en pleno núcleo urbano da vila e en cuxa honra se fai unha gran festa en setembro. Ademais, xunto á condición mariñeira de Rianxo é protagonista nas letras das cancións do folclore galego máis popular.

 

LUGARES DE INTERESE

Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán: no concello de Ribeira, atópase este parque natural de máis de 1.000 ha de superficie que conta con extensas zonas dunares, praias paradisíacas, lagoas de auga doce e salgada, marismas e unha grande variedade de fauna e flora. Este espazo caracterízase tamén pola abundancia de restos megalíticos. É unha destino a non perder na visita a esta comarca.

Illa de Sálvora: na boca da ría de Arousa atópase esta illa e varios illotes que forman o arquipélago de Sálvora, que xunto coas Cíes, as Ons e Cortegada conforma o Parque Nacional das Illas Atlánticas. O equipo de uso público do Parque realiza itinerarios guiados, aínda que non existe, polo momento, servizo de transporte público para achegarse á illa.

Mirador da Curota: este mirador é o punto de maior visibilidade da ría de Arousa, desde o que se poden divisar tamén as rías de Arousa, Pontevedra, Vigo e Muros e Noia. Unha ruta ideal para contemplar a amplitude do océano desde este lugar singular.

Museo Valle-Incláneste museo situado na Torre de Bermúdez do século XVI, vinculada á familia do escritor, permítenos mergullarnos na vida e na obra do autor do esperpento. 

 

GASTRONOMÍA

Percebe de Aguiño: como en todas as rías galegas, o marisco acada no noso territorio unha calidade excepcional. No caso desta parroquia do sur do concello de Ribeira, celébrase cada ano, unha xornada de exaltación do percebe moi concorrida por veciñanza e visitantes. 
Empanada de Palmeira: neste lugar de Ribeira, celébrase cada ano a festa da empanada, feita nesta ocasión con fariña de millo, como é característico nesta comarca. As empanadas adoitan ir recheas de produtos de mar, sendo as máis comúns as empanadas de berberechos, zamburiñas e xoubas.  
Mexillón de Cabo de Cruz: Cabo de Cruz é un pequeno porto do Concello de Boiro onde se celebra a Festa do Mexillón. Nesta pequena localidade marítima, o sector marisqueiro é un motor económico importante para as súas xentes. A festa lévase a cabo cada ano no mes de agosto. 
Xouba de Rianxo: a festa da xouba é a cita gastronómica máis popular desta vila. Celébrase no mes de xullo por ser a época do ano no que este produto está máis saboroso. Nesta xornada tamén se pode gozar de actividades ligadas á arte tradicional de pesca da xouba, chamada 'xeito'. 

Mellora da accesibilidade nas praias Tanxil e Quenxo, en Rianxo
venres, 20 Abril, 2018
O Concello de Rianxo mellora a accesibilidade das praias de Tanxil e Quenxo
De cara a unha nova tempada de verán, o Concello de Rianxo conta con melloras na accesibilidade nas praias de Tanxil e Quenxo
Programación das Xornadas de Homaxe a Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal
xoves, 19 Outubro, 2017
En marcha a XIX Edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán
Un mes de teatro, monicreques, recitais, concertos, publicacións, exposicións e relatorios na Pobra do Caramiñal.
Programación turismo científico "Observer 2017 2018"
venres, 29 Setembro, 2017
Programación anual de turismo científico "Observer 2017-2018"
O Concello de Rianxo leva a cabo a programación anual de turismo científico Observer entre o 2017 e o 2018.
Andaina Santa Compaña Rianxo
Andaina Santa Compaña 2018
07 Xul
Nova Andaina Santa Compaña no Concello de Rianxo