1ª Mostra de Cinema Documental "Mares da Fin do Mundo"

“Mares da Fin do Mundo” é a 1ª Mostra Internacional de Cinema Documental de Galicia centrada no mar e a pesca sostible nas rexións periféricas do Océano Atlántico
1ª Muestra de Cine Documental "Mares da Fin do Mundo"
Costa da Morte » Carnota
12 Outubro a 13 Outubro

Trátase dun evento de contrastes: cun forte apego local pero con ampla proxección internacional, enfocado na posta en valor de oficios tradicionais dende unha perspectiva global e moderna. É unha mostra comprometida co medio marítimo e o sector pesqueiro, que busca crear conciencia sobre a necesidade de coidar un dos nosos recursos naturais máis valiosos.

Mares da Fin do mundo é sen dubida unha cita moi interesante para todos aqueles amantes da cinematográfia, especificamente do documental, que queiran ollar a situación do panorma actual, tanto en Galicia como no extranxeiro, no que a producións de tématica pesqueira artesanal e medioambiental se refire. As proxeccións abranguen dúas xornadas; a do venres día 12 onde seran proxectadas dúas curtametraxes e unha longametraxe, producidas en Galicia e con versión orixinal en lingua galega. E a do día 13 onde seran proxectadas dúas curtametraxes e unha longametraxe, de produción internacional en versións orixinais subtituladas o galego.

Tamén haberá actividades complementarias como a exposición fotográfica relacionada co mar e a pesca tradicional e a escola de Cinema Mar de Lira onde os máis cativos poderán desenvolver a súa creatividade audiovisual, nunha actividade formativa e didáctica desenvovida dende o programa Carnota Amiga da Infancia e Adolescencia do Concello de Carnota.

Para rematar cada unha das xornadas contaremos cos concertos do grupo vigués Igmig e de Mounqup que terán lugar os días 12 e 13 respectivamente a partir das 22:00 horas.

Máis info: www.maresdafindomundo.gal ou en www.carnota.gal

Galego