2º Festival Folk de Sisalde en Barrañán

O vindeiro un de setembro celébrase na Fraga de Sisalde en Barrañán (Concello de Arteixo) o segundo Festival Folk. Os actos desenvolveranse entre as doce do mediodía e as doce na noite. No decorrer deste día poderase gozar de música tradicional, de raíz, xogos tradicionais, xantares e reencontros da veciñanza nesta tradicional fraga.
Actuarán AC Arume de Caión, As Revolteadoras de Arteixo, ACTriskell de Armentón, AXXiradela de Arteixo, ACQueiroa de Uxes, a Banda de Gaitas de AC Abelladeira do Bierzo, Dequenvessendo da Coruña, Briganthya de Euskadi e Luar na Lubre de Galicia.
Para completar esta xornada ateigada de enxebrismo tamén haberá artesanía tradicional, postos de bebidas, polbo, churrasco, xogos tradicionais para os máis pequenos e mesmo unha mestra de baile.
Máis info: www.arteixo.org