Andaina Santa Compaña 2018

Nova Andaina Santa Compaña no Concello de Rianxo
Andaina Santa Compaña Rianxo
Andaina Santa Compaña Rianxo
Ría de Arousa Norte » Rianxo
07 Xullo
Campo Maneiro, Taragoña, Rianxo
22:30

O sábado, 7 de xullo de 2018 terá lugar unha nova Andaina Santa Compaña, da man da Sociedade deportiva Barbantia Roda e o Concello de Rianxo.

A actividade é de balde e vai dirixida a maiores de 10 anos. Para esta andaina espiritual, de uns 8 km, cómpre acudir con lanterna ou farol, facendo a inscrición previamente no Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, nos pavillóns municipais ou nos correos-e barbantia.eventos@gmail.com e deportes@concelloderianxo.gal ata o 6 de xullo.

Cada persoa será responsable de levar o que precise para a ruta, e rematarase co conxuro da queimada.

Máis información da actividade nesta ligazón.

Para información turística do concello, visita a páxina web www.omarfeitotradicion.gal.

Segue a nosa páxina de facebook de Turismo Rianxo para manterte ao día.