Andainas "Coñece a Costa da Morte" do concello de Ponteceso

Programa de Andainas “Coñece a Costa da Morte”, 9 Andainas no que participan os concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría,Fisterra, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Vimianzo
Costa da Morte » Ponteceso
08 Xuño
09:45

O calendario de andainas Coñece a Costa da Morte 2019 pechará a súa sétima edición o vindeiro sábado 8 cun percorrido polo concello que terá como punto de partida o Monte do Faro de Brantuas. A partir das 09:45 horas, os/as amantes da natureza e o sendeirismo terán a oportunidade de gozar dunha xornada ao aire libre percorrendo algúns dos enclaves turísticos máis fermosos do municipio que nos deixará a nova ruta, de 11 quilómetros de distancia e dificultade media.

A primeira parada do día será para visitar a Ermida de Nosa Señora do Faro, situada a 229 metros sobre o nivel do mar. Desde alí, os e as participantes iniciarán un descenso polos sendeiros de costume para contemplar unha das paisaxes de maior riqueza natural e paisaxística: a Ría de Come e Laxe. O segundo destino será o merendeiro da praia da Ermida, onde os/as excursionistas poderán repoñer folgos para comezar con enerxía a segunda etapa da xornada, que os/as levará ata o porto de Corme, onde está prevista a chegada ás 13:30 horas.

As persoas que desexen participar nesta andaina, a novena desta temporada, deberán inscribirse previamente para reservar praza e proceder á tramitación do correspondente seguro para a realización da actividade. Os interesados/a poderán anotarse no Concello de Ponteceso (981 714 000) ou na Oficina Municipal de Corme (981 738 428), a través do departamento de Turismo, ou enviando un correo electrónico a turismoponteceso@ponteceso.net.

 

Galego