ArteSada

A III Feira de Oficios artesáns de Sada celebrará unha nova edición con demostracións e máis dunha ducia de obradoiros didácticos.
Logo ArteSada
Programa de actividades
As Mariñas » Sada
06 Outubro
17:00

A mostra, á que acudirán representantes dunha quincena de oficios, contará con demostracións e talleres en vivo de máis dunha ducia de disciplinas, e actividades para nenos desde as 12.00 ata as 21.00 tanto o sábado como o domingo.

As primeiras demostracións comezarán ás 17.00 horas do venres 6. Desde cantería, ebanistería, cardado e fiado de lana e téxtil ata artesanía con cravos e miyuki (abelorios), pasando por ourivaría en prata, elaboración de marmeladas e carpintería de ribeira, que seprolongarán ata as 21.00. Ademais, desde as 18.30 desenvolverase un taller de construción naval para os nenos, da man da asociación Os Patexeiros, con ampla traxectoria no municipio sadense, que tamén estarán o sábado e o domingo ás 12.30 e ás 18.00.   

Un taller de repostería enfocado á creación de tartaletas doces e salgadas usando só materia prima de tempada, a cargo do panadeiro e pasteleiro dun coñecido establecemento sadense, ademais de nutricoach, Carlos Rodríguez pechará, ás 19.00 horas, a axenda deseñada para o venres. As inscricións para asistir a esta sesión, totalmente gratuítas pero con prazas limitadas, poden realizarse tanto en talleresdereposteriasin@outlook.com ou en turismo@sada.gal, a dirección de correo electrónico de Turismo de Sada.

Asemade, "Galiza palilla", realizará unha demostración de palilleiras das Mariñas, na praza Irmáns Suárez Picallo os tres días de Feira. O venres, desde as 17.00, e o sábado e o domingo, de 12.00 a 21.00.
 

Galego