Beber do país
O Concello de Carballo, seguindo co seu compromiso coa promoción dos produtos galegos, acolle a iniciativa da Asociación Galega de Viticultura e a FRUGA (Federación Rural Galega) para dar a coñecer os viños galegos. Beber do país é unha campaña que se ten desenvolvido os últimos anos en distintas cidades galegas, e que chega agora á nosa vila para divulgar a calidade dos nosos viños durante esta fin de semana na que estarán representadas as 5 denominacións de orixe e as 4 indicacións xeográficas protexidas que existen en Galicia.
A actividade comeza o venres 24 ás 19.00 horas cunha mesa redonda na que participarán enólogos e sommeliers de prestixio, seguida dunha cata comentada. O sábado abrirase o túnel do viño de 12.00 a 14.30 e de 18.00 a 20.30 horas e o domingo só en horario de mañá. A entrada será gratuíta, pero con invitación, que pode ser solicitada no Museo de Bergantiños chamando ao 981 70 20 77 ou a través de museo@carballo.gal e na propia mesa redonda do venres.
Máis información aquí.