Carballo Interplay

Encherá a vila de humor feminista, sonoridade e videoxogos con nomes como Malena Pichot, Charo López, El Hematocrítico, David Sainz, Manuel Bartual ou "Los Javis"
Carballo Interplay
Costa da Morte » Carballo
03 Abril a 06 Abril

Datas: 3, 4, 5 e 6 de abril. Lugar: Pazo da Cultura. Actividades, todas de balde: masterclasses, preestreas, shows humorísticos, faladoiros, obradoiros, Zona Pro, taller Kamikaze, podcast... De todo atoparedes no festival Carballo Interplay. O festival de contidos dixitais pon o foco, unha vez máis, nas mulleres creadoras coas cómicas arxentinas Malena Pichot e Charo López que congregan a millóns de seguidoras e seguidores nas redes sociais; ou con tres nomes de referencia no audiovisual dixital -Anabel Lorente, Lula Gómez e Rocío Quillahuaman- para falar de como a sororidade nas redes une e fai máis fortes a mulleres de todas as idades e de todo o mundo. Compartirá conversa con elas Isabel Cano, investigadora e desenvolvedora de videoxogos, responsable dos talleres de Girls Make Games en España e colaboradora activa en FemDevs.

Manuel Bartual, que no verán de 2017 conseguiu facer viral un elaborado fío no que contaba unha historia de misterio sobre as súas propias vacacións, é un vello amigo do Interplay; e Hematocrítico, que xunta as súas facetas de tuiteiro famoso e de escritor para erguer sagas de ficción pegadas á actualidade coa participación dos seus seguidores, visitarán Carballo para  falar co público do festival sobre Narrativas de ficción en Twitter. O Carballo Interplay consolídase como referencia para o sector dos contidos dixitais no Estado, coa pre-estrea de Terror y feria unha serie producida polos Javis para Flooxer, a plataforma nativa dixital de Atresmedia. Tamén a familia Prieto Flores (Borja Prieto e Natalia Flores) trasladará ao Pazo da Cultura de Carballo o salón da súa casa, para conversar ao vivo con diferentes convidados do festival.

De todo e para todos os públicos atoparedes en Carballo, ademais de moita festa e talleres formativos... Vinde ao Interplay!

Galego