Carnota acolle a II edición da Mostra Internacional de Cinema Documental "Mares da Fin do Mundo"

O Concello de Carnota organiza por segundo ano a Mostra Internacional de Cinema Documental “Mares da fin do Mundo” que terá lugar na Lonxa Vella de Lira entre os días 29 e 30 de novembro.
Póster II Mostra Internacional de Cinema Documental "Mares da Fin do Mundo"
Díptico II Mostra Internacional de Cinema Documental "Mares da Fin do Mundo"
Costa da Morte » Carnota
29 Novembro a 30 Novembro

Chega a II Mostra MaresDaFinDoMundo, a única mostra internacional de cinema documental de Galicia centrada no medio ambiente mariño e na pesca sostible e que terá lugar na Lonxa Vella de Lira do 29 ao 30 de novembro.

O programa inclúe dúas xornadas con proxeccións galegas e internacionais xunto con actividades paralelas comprometidas cun dos nosos recursos máis valiosos, o mar.

Mares Da Fin Do Mundo está organizada polo Concello de Carnota, conta co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración inestimable de ABA Films e A.c. Canle!

Toda a información no seguinte artigo: https://www.carnota.gal/2019/11/21/ii-edicion-da-mostra-internacional-de-cinema-documental-mares-da-fin-do-mundo/ e tamén na web e facebook oficial da Mostra: maresdafindomundo.gal

Galego