Ciclo de conferencias "Monografías do Allo"
O próximo sábado, 14 de outubro, ás 17h, o pazo das Torres do Allo acollerá a primeira sesión do ciclo de conferencias "Monografías do Allo".

Costa da Morte » Zas
14 Outubro
17:00
O recoñecido arquitecto galego Iago Seara será o encargado de abrir estas xornadas que ocuparán os restantes sábados do mes de outubro. A súa ponencia, que leva por título "A restauración das Torres do Allo", abordará a que foi a súa intervención de recuperación do inmoble. Ao rematar a conferencia, o poñente ofrecerá aos asistentes unha visita guiada polo pazo, unha oportunidade única para coñecer ao detalle o proceso de rehabilitación do Ben de Interese Cultural zaense.
Todas aquelas persoas interesadas en acudir, teñen unha cita, de balde, os sábados de outubro ás 17h nas Torres do Allo ou se o prefiren tamén poderán anotarse no correo electrónico info@torresdoallo.gal
Máis información aquí.
Galego