Cine de verán en Neda coa proxección de "La casa del reloj en la pared"

O Concello de Neda continúa o xoves 23 de xullo co seu ciclo de cine de verán ao aire libre. Será coa proxección do filme "La casa del reloj en la pared", a partir das 22,30 horas no paseo marítimo. Un ciclo incluído na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.
Cartaz do ciclo de cine de verán do Concello de Neda
Ferrolterra e Eume » Neda
23 Xullo
22:30

As persoas interesadas en asistir ao pase poden reservar as súas entradas dende o luns 20 de xullo ata o mércores 22 de xullo. Para isto, poden acudir presencialmente á Casa da Cultura de 10 a 14 horas ou chamar ao teléfono 981 39 02 33 no mesmo horario. Iso si, é preciso que a reserva sexa por conta dunha persoa adulta, que facilite nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto. O Concello tentará agrupar ás familias e tamén aos grupos de amizades de cara a optimizar un espazo que se verá mermado polas distancias sociais que se precisan gardar. Así mesmo, o día da sesión as persoas deben acudir coas súas entradas cunha antelación mínima de 10 minutos antes do inicio da proxección para acomodar espazos.

Galego