Coanhadeira presenta "Bicos con Luvas"

O vindeiro sábado 7 de outubro, a partir das 20:00 horas, no auditorio municipal, e dentro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña, Coanhadeira presenta o seu disco “Bicos con Luvas”. O prezo da entrada é de 3€
Coanhadeira en concerto
Ferrolterra e Eume » Cariño
07 Outubro
20:00

Coanhadeira nace no ano 2006 como unha banda de música folk que amosa aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega. Dese espírito ven o seu nome, xa que as coanhadeiras eran nalgúns puntos de Galiza as mulleres (tamén a vasoira que empregaban) encargadas de varrer os restos do cereal durante a malla. Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folk do sur de Europa, coma o Festival de PardiñasA Carballeira de Zas, o Festival Celta de Ortigueira, o Sauga Folk de Cantabria, o Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de Lorient, entre outros.

Máis información aquí

 

Galego