Coñecendo a Faguía de Carnés

A Faguía de Carnés está considerada a festa gastronómica máis antiga de Galicia, e declarada Festa de Interese Turístico da comarca. O seu carácter gastronómico aprecíase na popular degustación de callos; é recoñecida como festa senlleira, destacando o interese histórico e cultural, así como a devoción e a importancia que lle confire a súa veciñanza
Cada 9 de xullo, a pequena aldea de Carnés (Vimianzo) observa a chegada de miles de seareiros á emblemática festa, que arranca nas vésperas do seu patrón San Cristovo. Para comprender o significado cultural da festa e sinalar todo o patrimonio intanxible e a cultura popular que existe entorno ás festas tradicionais, o Concello de Vimianzo organiza unha visita temática na mañá do 9 de xullo.Ésta permite coñecer de primeira man os preparativos do evento falando coa veciñanza e lembrando todos os detalles históricos e lendarios que a converten nunha festa tan especial.
Para asistir á visita é imprescindible a inscrición en turismo@vimianzo.gal ou no teléfono 981716001 (en horario de mañá). O prazo para anotarse remata o vindeiro venres, 6 de xullo.