Cores de Bretaña no Concello de Camariñas
Tres recoñecidos artistas franceses compartirán as súas obras artísticas e os seus coñecementos coa cidadanía de Camariñas do 16 ao 20 de abril no Museo Man de Camelle

Costa da Morte » Camariñas
16 Abril a 20 Abril
O Concello de Camariñas organiza xunto coa asociación de irmandamento La Turballe Cap Camariñas esta exposición e actividades gratuítas que se enmarca nos acordos entre Camariñas e La Turballe (Francia).
Os artistas que participan na exposición son Dominique Floc’h, Marie-Do Pavy e René - Claude Migaud.
O programa de actividades previsto é:
Martes 16
18:00h Inauguración. Actuación musical de Hervé Pavy acompañado de gaita galega.
Xoves 18
18:00h Relatorio: O pintor de La Turballe e o colectivo Art da Bretagne. René Claude Migaud.
Venres 19
11:00 a 13:00h Obradoiro infantil. Os faros e o mar. Dominiqie Floc´h17:30 a 19:30h Obradoiro de pintura A Paisaxe. Mestra. Marie Do Pavy.
Sábado 20
20:00h Clausura
As persoas interesadas en participar nos obradoiros gratuítos deben inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas. Deben rechear a folla de inscrición e entregala persoalmente no Museo Man de Camelle o na Casa de Pedra.
Tamén poden enviala asinada ao enderezo museodoman@camarinas.net.
Máis información 981 710 224 / 981 737 004 e en www.camarinas.net.
Galego