Cpto. de España Volei Praia - Infantil e Cadete

A praia do Ézaro (Dumbría) volve ser, un ano máis, o epicentro do Volei Praia
CPTO ESPAÑA VOLEI PRAIA INF E CADETE
Costa da Morte » Dumbría
23 Xullo a 28 Xullo

A praia do Ézaro, na localidade coruñesa de Dumbría, volve acoller nunha nova ocasión o Campionato de España de Volei Praia.

Os máis xoves do Volei Praia Nacional daranse cita na praia do Ézaro, Dumbría, para competir nunha semana na que se convertirán nas grandes estrelas deste deporte no noso país. 

Do 23 ao 25 de xullo será a quenda da categoría infantil e do 26 ao 28 a dos cadetes.

 

#DumbríaéDeporte 

 

 

Galego