Cuarta etapa do Camiño Inglés dende Cabanas
Continúa o Camiño Inglés a Compostela que promove o Concello de Cabanas a través das Concellerías de Turismo e de Deportes.

Ferrolterra e Eume » Cabanas
14 Outubro
08:00
Nesta ocasión, as persoas que participan na iniciativa cubrirán a cuarta etapa, entre San Paio e A Calle. Percorrerán pois os 22 quilómetros que separan ambos puntos nun tempo estimado de catro horas e 30 minutos.
Dende Cabanas, o Concello pon a disposición das persoas participantes un autocar gratuíto para iniciar a etapa en San Paio e tamén para regresar a Cabanas dende A Calle ao remate.
Galego