Derradeira conferencia do ciclo "Monografías do Allo"

O ciclo chega ao seu fin o día 28 de outubro co historiador e etnógrafo, Xosé Mª Lema Suárez, para afondar nos pazos e casas fidalgas do noso xeodestino, Costa da Morte. A carreira do Catedrático en Historia e Xeografía nacido no veciño Vimianzo, avalada por numerosas publicacións e varios premios, dá mostra do rico e abundante coñecemento sobre o territorio e o seu patrimonio, sendo o primeiro presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SECCOM).
Como nas anteriores sesións, o poñente ofrecerá aos asistentes á conferencia unha visita guiada polo pazo e pola contorna.
Todas aquelas persoas interesadas en acudir, teñen unha cita, de balde, os sábados de outubro ás 17h nas Torres do Allo ou se o prefiren tamén poderán anotarse no correo electrónico info@torresdoallo.gal
Máis información aquí.