Escape room "Pazo do Allo"

O Pazo do Allo convértese nunha enorme "Escape Room", un xogo de escapismo para realizar en grupos e baixo reserva no que deberemos atopar a maneira de escapar do pazo nun tempo límite
Costa da Morte » Zas
29 Xuño a 31 Agosto
Torres do Allo

Un “escape room” é un xogo de escapismo no que un grupo de persoas teñen un tempo limitado para conseguir saír da estancia onde están encerradas. A través dunha historia que fía a narración, o equipo ten que ir resolvendo puzzles, abrindo cadeados, e utilizando obxectos especiais para conseguir escapar no menor tempo posible. Tratase, así, dunha actividade diferente para quen busque unha experiencia activa, esixente e divertida.

A actividade é completamente gratuíta, para grupos entre 2 e 10 persoas, e pódese realizar de luns a domingo ás 11:30 ou ás 16:30 baixo reserva previa (info@torresdoallo.gal).