Exaltación dos produtos de outono en Touro

Do 31 de outubro ó 5 de novembro, o concello de Touro vos convida a coñecer e festexar o outono cos seus productos típicos
Terras de Santiago » Touro
31 Outubro a 05 Novembro

As cores, cheiros e sabores de outono, farán as delicias de todos os que se acheguen a gozar dos seguintes tres eventos tematizados ao redor da exaltación dos produtos máis típicos desta estación.

La segunda edición do Samain celébrase o día 31 de outubro a partir das 17.00 na Casa da Cultura, co desfile de cabazas quitamedos e chocolatada resucitadora final. Este evento está pensado, especialmente, para ós máis pequenos.

Seguidamente, o primeiro fin de semana de novembro, os amantes da micoloxía teñen unha cita en Touro coas XIV Xornadas Micolóxicas. Serán dúas xornadas adicadas ao estudo e a procura destes manxares, onde combinarase teoría, práctica e gozo na naturezam, acompañados, o sábado 3 de novembro, do micólogo Jaime Blanco e, o domingo 4, de Martín Souto. O lugar de encontro será o Centro de Interpretación Río Ulla.

O luns día 5, culminarase a exaltación coa festa grande, é dicir, a décima edición da Feira da Castaña. Contando coa colaboración dos cazadores de Touro e o tecido emprendedor hostaleiro, durante toda a mañá  do luns, poderán degustarse menús elaborados, nos que os ingredientes principias serán a castaña, os cogomelos e outros produtos da tempada.

Toma nota e achégate a Touro a gozar da gastronomía e o festexo deste outono!

Máis info aquí.

Galego