Excursión en catamarán á illa de Ons

O Concello de Rianxo organiza unha excursión á illa de Ons o 7 de agosto.
catamarán visión submarina Rianxo illa Ons 7 agosto ría Arousa Pontevedra parque nacional illas atlánticas Galicia
Barbanza-Arousa » Rianxo
07 Agosto

O Concello de Rianxo organiza unha excursión á Illa de Ons o vindeiro martes, 7 de agosto.

A saída será dende o Porto de Rianxo ás 11 h, a bordo dun catamarán con visión submarina, e o regreso dende a illa será ás 19 h. Durante a travesía e na illa, as persoas contarán co servizo de guía, así como degustación de mexillóns e bebidas a bordo.

A Illa de Ons, con máis de 4 Km2, é a máis extensa das que forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, e atópase na entrada da ría de Pontevedra. Entre os puntos de interese, cómpre destacar o faro, as aldeas da illa coa súa arquitectura tradicional mariñeira, a flora e a fauna ou os areais.

Os billetes están á venda no Museo do Mar de Rianxo cun prezo de 20 €, e cada persoa adulta poderá levar unha menor de 12 anos de xeito gratuíto.

Consulta a actualidade do Concello de Rianxo e a información turística municipal, e sigue a páxina de facebook Turismo Rianxo para estar ao día.

Rianxo, o mar feito tradición.

Galego