Exposición "A Camelia das Mariñas"

II Exposición "A Camelia das Mariñas", na Casa da Cultura Pintor Lloréns, en Sada
Cartaz
Exposición fotográfica Tatiana Oller
As Mariñas » Sada
24 Marzo a 25 Marzo

O mes de marzo en Sada podería identificarse cunha flor: a camelia. Non só porque esta flor está no seu momento de máximo esplendor nestes meses de inverno, como se pode comprobar en tantas casas do noso municipio e arredores senón porque a Concellería de Medio Ambiente de Sada aposta por ela por segundo ano consecutivo a través da exposición da Camelia das Mariñas.

Nesta edición, a Casa da Cultura Pintor Lloréns é o lugar elixido para a exhibición das camelias, o fin de semana do 24 e 25 de marzo, e para albergar unha exposición fotográfica que recolle exemplares expostos na primeira exposición feita no 2017 na Capela de San Roque.

Desta II Exposición da Camelia das Mariñas a intención do concelleiro responsable de Medio Ambiente, Xose Lois Suárez Becerra, é animar a todos os veciños a participar coa súa flor e a que “a expoñan con imaxinación e con orgullo xa que nesta zona temos exemplares que non desmerecen con respecto aos de outros lugares con máis sona como pode ser todo o sur de Galiza. A zona das Mariñas conta cunha gran cantidade de casas e xardíns nos que as camelias viven dende hai centos de anos e agora mesmo é o momento de presumir deles e incluso de velas como unha oportunidade de negocio e de futuro”.

Os veciños que o desexen poderán contar cun mínimo de tres metros e un máximo de catro para a exposición das súas camelias. O período de inscrición, totalmente gratuíto, irá do 1 ao 12 de marzo ata ás 14:00 horas ben a través do correo electrónico turismo@sada.gal ou ben no 981 620 075, ext. 264. Os datos necesarios para formalizar a presenza nesta exposición serán o nome completo, enderezo, enderezo electrónico, un teléfono de contacto e a indicación dos metros que se desexan ter.

Programa

A Deputación da Coruña colabora nesta ocasión como xa o fixo o ano pasado coa flor do pazo de Mariñán, un referente imprescindible para os admiradores da camelia e que sempre sorprende coa su exquisita presentación dos exemplares do pazo.

A “Sociedad Española de la Camelia” aporta o seu grao de area enviando a todos os seus socios o cartel da exposición e as datas da mesma.  O autor do cartel deste ano é o coruñés Juan de la Colina, licenciado en Belas Artes pola Facultat de San Jordi, Univesitat de Barcelona. Artista que ten realizado diversas exposicións individuais e colectivas e participado en feiras internacionais.

 

Galego