Exposición “Morcegos de Galiza”
O Concello de Cabanas acolle esta exposición sobre o mundo dos morcegos. Os interesados poderán visitala ata o 5 de outubro.

Ferrolterra e Eume » Cabanas
22 Setembro a 05 Outubro
En paralelo a actividade "Noite de Morcegos", a Casa do Concello de Cabanas acolle desde hoxe a exposición “Morcegos de Galiza”, que a través de varios paneis informativos achega ás persoas visitantes ao coñecemento dos quirópteros galegos e a súa importancia na conservación do medio.
“A actividade enmárcase dentro da estratexia Cabanas Sostíbel, na que se engloban diversos plans de concienciación ambiental, así como roteiros interpretativos e actividades para a mellora do medio”, sinalou o tenente alcalde e concelleiro da área, Iago Varela.
Galego