Exposición "Os Camiños de Carlos Casares"

O xoves 15 de xullo, ás 20:00h, terá lugar a inauguración da exposición “Os Camiños de Carlos Casares”, con fotografías de Xurxo Lobato.
Costa da Morte » Corcubión
15 Xullo a 30 Xullo

Nesta mostra recóllense 40 fotografías de gran formato do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato que están inspiradas en textos do escritor Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e a experiencia nesa viaxe.

Dentro das actividades que se desenvolven no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, a Fundación Carlos Casares, en colaboración co Concello de Corcubión, pon en marcha esta exposición que xorde como unha homenaxe persoal deste fotógrafo ao escritor ourensán.

A inauguración será o xoves 15 de xullo ás 20:00h no edificio do Cárcere Vello de Corcubión, situado no porto. Poderá visitarse ata o 30 de xullo, de mércores a domingo, en horario de 10:00h a14:00h e de 15:00h a 18:30h.

Esta exposición pasará por diferentes vilas dos Camiños de Santiago. Vén de estar en Mondoñedo, a Fonsagrada e Catoira. Na segunda quincena de xullo tocaralle a Corcubión, desde onde irá ata Allariz para rematar a primeira itinerancia.

Máis info en: http://fundacioncarloscasares.org/oscaminhosdecarloscasares/

Galego