Exposición temporal no Centro de Interpretación do Medio Mariño (Cimm) Cabanas

Exposición temporal no Centro de Interpretación do Medio Mariño (Cimm) Cabanas
Ferrolterra e Eume » Cabanas
16 Agosto a 30 Agosto

“Cultura Oceánica”
O Centro de Interpretación do Medio Mariño – CIMM Cabanas acolle a exposición “Cultura
Oceánica” que poderá visitarse, no horario habitual de funcionamento do centro, ata o
vindeiro 30 de agosto.
A exposición, que forma parte das exposicións itinerantes do Centro de Extensión Universitaria
e Educación Ambiental de Galicia (CEIDA Galicia), ten carácter divulgativo e o obxectivo de
sensibilizar ao público respecto da relación mútua entre o océano e o home.
A través de 12 paneis de gran formato, coñeceremos como inflúe o océano no funcionamento
do planeta, a diversidade que alberga e a relación que os seres humanos temos co mar desde
hai milenios

Galego