Feira de San Martiño Teo
Despedindo o mes de outubro dándolle a benvida a novembro coa festa de Teo, o San Martiño #sanmartiño2017.

Terras de Santiago » Teo
11 Novembro
08:00
"A Feira do San Martiño de rúa de Francos constitúe o principal evento económico, cultural e social na historia do noso concello", sinalaba o ilustre académico E. Carré Aldao nos anos trinta. "O San Martiño é unha das feiras de gando cabalar, mular e asnal máis importantes de Galicia. Hoxe en día é a última feira da bisbarra que mantén a esencia e elementos propios das feiras gandeiras tradicionais que foron esmorecendo na segunda metade do século XX coa sustitución progresiva das bestas pola maquinaria, tanto para o transporte como para as tarefas agrícolas" (extracto do artigo de Pablo Sanmartín López, "A pegada do San Martiño", no Arquivo Municipal).
Galego