Feira Medieval de Padrón
O Concello de Padrón volve a Idade Media esta fin de semana con múltiples actividades para todos os públicos.

Terras de Santiago » Padrón
07 Xullo
18:00
O Concello de Padrón celebra a XII edición da súa Feira Medieval con múltiples actividades polo casco histórico da Vila.
Considerado Padrón como ‘Berce do Xacobeo’ e en lembranza dos peregrinos que na Idade Media se achegaban ata estas terras tras visitar en Compostela a tumba do Apóstolo, para ver o lugar onde chegaron os seus restos, na Praza Rodríguez Cobián instalarase un posto que emulará o antigo Hospital de Peregrinos que había no século XV, anexo á igrexa. Todos aqueles peregrinos que acrediten debidamente cos selos da súa credencial o paso por Padrón poderán recoller gratuitamente tiques de degustación válidos para os postos de comida/restauración.
Toda a información na web Turismo de Padrón.
Galego