Feira San Martiño de Rúa de Francos


O lugar de Francos na parroquia de Calo do concello coruñés de Teo, celebra a Feira do San Martiño cada 11 de novembro. Despois de cen anos, neste 2018 o programa e moi suxerente e cargado de actividades, e… se chove, deixa chover!
O programa fundaméntase, desde o 4 ao 14 de novembro, nas seguintes actividades:
Visita guiada ao Castro Lupario o domingo 4 de novembro, conducida polos arqueólogos David Abella e Vanesa Trevin Pita que dirixiron o acondicionamento deste lexendario espazo.
Primeira edición dos Cantos de Taberna de Véspera, mentras se goza do pobo nos establecementos.
Protagonismo especial á gastronomía de calidade e aos produtos tradicionais. Este evento enogastronómico ofrecerá catas comentadas polos produtores dos viños da subzona Ribeira da Ulla do @DORiasBaixas, así como tamén dos queixos galegos con selo de orixe e calidade.
Carpa sobre mostras de artesanía galega.
A Barriga Verde co festival Titiriberia, chega este ano á súa terceira edición organizada pola asociación cultural Morreu o Demo para o Concello de Teo e coa colaboración da Deputación da Coruña.
Máis info aquí.