Festa da Carballeira de Zas 2017

Durante o venres 4 e sábado 5 de agosto celébrase a 34ª edición dun dos festivais de música folc máis agardado do verán no municipio coruñés de Zas, a Festa da Carballeira.
Festa da Carballeira de Zas 2017
Costa da Morte » Zas
04 Agosto
21:00

Un ano máis, durante o primeiro sábado de agosto, celébrase no municipio de Zas a Festa da Carballeira, un festival de música folk que nesta ocasión cumplirá 34 edicións. Segundo contan as lendas locais, no cumio do monte Castro, os mouros agochan un formidable tesouro de barras de ouro e prata desde tempos inmemoriais. Ata o momento, ninguén atreveuse a buscalo posto que, cando se atope, esas mesmas lendas falan de grandes desgrazas que mesmo provocarían o afundimento da vila de Zas. Por este motivo, fai xa vinte anos que as mozas e os mozos da Asociación Cultural Castro-Meda decidiron organizar unha ceremonia que tivera contentos aos espíritus do monte Castro e que tamén reconfortase a todos os mortais da bisbarra. Así, deste xeito, naciu a Festa da Carballeira aos pés do monte Castro.

Xa desde a tarde do venres 4, a Carballeira de Velar convértese nun auditorio natural, un escenario que acolle unha relevante manifestación da identidade colectiva galega da man de grupos de baile, o son das pandeiretas e das gaitas. Pero non todo é música; durante toda a xornada do sábado no recinto haberá unha feira de artesanía e un mercado de produtos ecolóxicos, con horario ininterrompido de 12.00 a 22.00 horas.

A Festa da Carballeira é un evento para todas as idades, onde os máis cativos terán un espazo lúdico no recinto con animación e inchables durante a tarde do sábado.

Como cada edición, haberá habilitada unha zona de acampada gratuíta situada a poucos metros da celebración do festival, con zona de aparcamento e de aseo e cafetería próximos.

O programa deste ano conta con grupos como Os fillos do Estramonio, Gwendal, Korpiklaani e Pan de Capazo que actuarán o venres 4 a partir das 21.00 horas. Para o sábado, a partir das 14.00 horas actuarán Dequenvessendo, Fanfarria Taquikardia e Cé Orquesta Pantasma, ademais de grupos da Asociación Cultural Castro-Meda de Zas e de Foliada Tradicional durante a tarde. Xa pola noite, dando o peche ao festival, a partir das 21.30 horas é o turno de Radio Cos, Milladoiro, Moxie e Rare Folk.

En canto ás entradas, para conseguir o bono para os dous días de maneira anticipada farase online cun custe de 12 euros. Só para o venres son 10 euros e só para o sábado, 8 euros. O prezo regular para os dous días son 15 euros.

Máis infoción na páxina web e na páxina e o evento de Facebook.

Galego