Festas da Guadalupe de Rianxo

Rianxo celebra a súa semana grande das festas de Guadalupe do 8 ao 15 de setembro.
Póster Festas Guadalupe Rianxo 2017
Programa Festas Guadalupe Rianxo 2017
Barbanza-Arousa » Rianxo
15 Setembro

A Asociación "A Moreniña", a través da Comisión de Festas, é a entidade organizadora das Festas da Guadalupe 2017 (declaradas de Interese Turístico de Galicia), cuxa páxina  web www.guadaluperianxo.org ofrece toda a información sobre as actividades e eventos que terán lugar durante toda a semana de celebracións.

O "Chupitaso" do venres dará a saída a unha nova edición destas populares festas, nas que teremos 7 días e 8 noites de celebracións con actividades para tódalas idades. A artista rianxeira Eva Iglesias dará o pregón o sábado 9 de setembro ás 14:00 h. O domingo 10 terá lugar a misa solemne ás 12:00 h na capela de Guadalupe, e a continuación a procesión marítima polas augas da Ría de Arousa representará un dos momentos máis inesquecibles para os asistentes. A gran traca final na praza de Castelao, o momento de maior afluencia e simbolismo, dará comezo na noite do venres 15, a partir das 02:00 h, onde as orquestras e toda a xente iluminan o Campo coas bengalas e entoan a Rianxeira.

Galego