Festas do Carme en Sada
Os vindeiros 14,15 e 16 de xullo, Sada celebra á patrona dos mariñeiros.


As Mariñas » Sada
14 Xullo
20:00
As festas do Carmen son as celebracións mariñeiras de Sada por excelencia, xa que a Virxe do Carmen é a patroa dos mariñeiros. No seu día, o 15 de xullo, toda a costa de Sada énchese de procesións marítimas. Son un espectáculo único pola súa vistosidade: As embarcacións engalánanse con bandeiras e adornos florais e acompañan ao barco que porta a talla da virxe en procesión.
Nesta ocasión contará cun Mercado mariñeiro durante os tres días do evento, e o sábado 15 terá lugar a Misa e Procesión Marítima, Sardiñada e Verbenas, e o domingo 16, haberá Alboradas, Cucaña e Xogos mariñeiros para os máis novos, e a Sesión Vermú para os máis trouleiros.
Máis información aquí.
Organiza: Confradía de Pescadores de Sada e Concello de Sada.
Galego