Festas do Veran de Taragoña
Festas do Verán 2018 na parroquia de Taragoña

Barbanza-Arousa » Rianxo
19 Xullo a 22 Xullo
As Festas do Verán 2018 na parroquia de Taragoña terán lugar do 19 ao 22 de xullo. Coma cada ano, as persoas poderán gozar con grupos de música tradicional, foliadas, xantar popular, verbenas tódalas noites, Pequexogo, o XX Autocross O Castro, xogos e deportes, fogos de artificio ou un gran serán tradicional. O epicentro das celebracións será, coma de costume, o lugar de Campo Maneiro.
Consulta todas as novas do Concello de Rianxo na páxina web rianxo.gal, a información turística en omarfeitotradicion.gal e segue a nosa páxina de facebook Turismo Rianxo para estar ao día.
Rianxo, o mar feito tradición.
Galego